Strč prst skrz krk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Forma de onda e espectrograma da oración.

Strč prst skrz krk (Ltspkr.png escoitar) é unha coñecida oración da lingua checa. É un trabalinguas que significa insire o dedo pola gorxa. Caracterízase pola súa total ausencia de vogais.

A súa pronuncia segundo o Alfabeto Fonético Internacional sería: [ˈstr̩ʧ ˈpr̩st ˈskr̩s ˈkr̩k]. Na República Checa, é posible mercar camisolas coa frase. É ademais o subtítulo do xornal suízo La Distinction.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de strč prst skrz krk