Storr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do monte Storr dende a súa aba sur. Adiantado lixeiramente, o Vello de Stor.

O Storr é un monte rochoso de orixe basáltica situado no oeste da península de Trotternish, ao norte da illa de Skye, en Escocia, e unha das principais atraccións turísticas da illa.

Localización[editar | editar a fonte]

O monte Storr atópase no oeste da península de Trotternish, moi preto do estreito que separa a illa de Skye da de Raasay. Ao seu pé esténdese o lago Leathan, e a estrada que une a vila de Portree coa aldea de Culnacnock.

A súa faciana leste é a máis coñecida polos seus espectaculares cantís de basalto, mentres que o oeste presenta costas suaves e herbosas.

Descrición[editar | editar a fonte]

Vista do Vello de Storr; no fondo, o lago Leathan e a illa de Raasay

O punto máis alto do Storr sitúase a 719 m de altura. É, polo tanto, un graham (montes escoceses de alturas comprendidas entre os 2.000 e os 3.000 pés). A área de cantís coñécese co nome do Santuario, e está composta por unha parede rugosa duns 300 metros de largo e unha ducia de pequenos farallóns de orixe volcánica, de entre os que destaca un, o Vello de Storr (Old Man of Storr), pola súa peculiar forma de menhir e o seu aparente equilibrio inestábel. Ata o cumio do Storr accédese por un camiño coidado e preparado, cunha ascensión intensa pero sinxela de 1.500 metros, por entre bosques de coníferas (primeiro) e prado (despois). Ao Vello de Storr, de 50 metros de altura, foi escalado por primeira vez en 1955 polos montañeiros Don Whillan e James Barber.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

O nome de Storr vén dun termo do antigo nórdico que significaría home grande.

O Vello de Stor[editar | editar a fonte]