Steven Ho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Steven Ho
Steven Ho.jpg
Steven Ho en Montreal, 12 de agosto de 2008.
Nacemento Bernadetto Widiman Wibowo
9 de marzo de 1973 (41 anos)
Bandung, Flag of Indonesia.svg Indonesia
Profesión Artista marcial, actor, especialista de cine, guionista, director
Cónxuxe(s) Nina Petronzio
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Steven Ho, nado como Bernadetto Widiman Wibowo o 9 de marzo de 1973 en Bandung, é un actor, artista marcial e especialista de cine chinés-americano.

Coñecido por ser un dos primeiros artistas marciais en competicións abertas e un pioneiro das formas de loita non tradicionais (NASKA), Ho axudou a popularizar a patada 540 e o Hawkeye Kick a mediados dos anos 80.

Ho é coñecido tamén polo seu traballo de especialista de acción no cine, interpretando a Donatello en Teenage Mutant Ninja Turtles II: The Secret of the Ooze (1991) e Teenage Mutant Ninja Turtles III (1993), e o seu papel de "Chan" en Mortal Kombat (1995).[1][2]

Ho é instrutor de artes marciais e adestrador de loita no cine de Hollywood. Foi o mestre de numerosos especialistas e actores famosos, como Brad Pitt, Leonardo DiCaprio, James Franco, Pierce Brosnan, Tobey Maguire, Pink, Method Man, Rachel Weisz, Gisele Bündchen, Josh Charles, Peter Krause, Bar Refaeli, Ellen Barkin, Brad Womack, Britney Spears.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]