Steven Bochco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Steven Bochco e Barbara Bosson.

Steven Ronald Bochco, nado o 16 de decembro de 1943, é un produtor e guionista de televisión estadounidense. Participou en varias series e películas como Hill Street Blues , L.A. Law e NYPD Blue.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade de Nova York nunha familia xudía. Os seus pais eran artistas, a nai pintora e o pai violinista. Estudou nunha escola de Música e Artes. En 1961 mudouse a Pittsburgh para estudar literatura e teatro. Graduouse co título de Bacharel en Teatro en 1966.

Traballou na Universal Studios, como escritor e despois como editor de historia, para as series Ironside, Columbo, McMillan and Wife, Griff, Delvecchio e The Invisible Man.

O seu maior éxito foi na cadea NBC co drama Hill Street Blues. Estivo emitíndose desde 1981 a 1987 e Bochco apareceu nos créditos como co-creador, ademais de escribir e producir a serie.

Bochco estivo no desenvolvemento, proceso de creación e foi designado produtor executivo da serie L.A. Law (1986-1994), que foi retransmitida por primeira vez na cadea NBC. Tiña un contrato moi lucrativo coa cadea ABC, polo cal en 1987, estrea a serie Doogie Howser, M.D. (1989-1993).

Despois deste éxito, participou en NYPD Blue (1993) con David Milch. Ademais presentou o proxecto de Murder One (1995-1997), Brooklyn South (1997) e City of Angels (2000).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]