Stercutius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Stercutius tamén chamado Stercorius era, na Antiga Roma, o deus dos lugares destinados s servir de instalacións de saneamento, do esterco e dos excrementos.

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Este deus popular era venerado fundamentalmente por vellas e cativos. As súas representacións materiais aparecían decote a rentes das de Crepitus, nos lugares adaptados a este culto, os templos.

Nun principio, o pai de Picus chamábase Sterces. Este era un forte e bo arador e aprendeu aos homes a emendar a terra con esterco (stercus, en latín, significa esterco). Despois o seu nome mudou a Stercutius. Así, converteuse no deus da agricultura e da fertilización no mundo campesiño. Máis tarde, Santo Agostiño, para desacreditar a relixión romana, ridiculizou este deus reducíndoo ao deus das foxas de zurro.