Stephen Carpenter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stephen Carpenter
Data nacemento3 de agosto de 1970 (53 anos)
Nado enSacramento (California)
Ocupaciónguitarrista e músico
Instrumento(s)guitarra, batería
Relacionado conDeftones, Sol Invicto, Kush
Tempo en activo1989 - actualidade
Na rede
https://www.deftones.com
Musicbrainz: 8823bbc2-9a2f-44b3-9983-29f6f0da84d6 Discogs: 441454 Allmusic: mn0000748102 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Stephen Carpenter, nado en Sacramento (California) o 3 de agosto de 1970, é un músico estadounidense, coñecido por ser o cofundador e guitarrista solista da banda de metal alternativo Deftones.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carpenter comezou a súa carreira musical con Deftones tocando a guitarra de 6 cordas tradicional. Tras recoller influencias de bandas como Fear Factory e Meshuggah comezou a tocar a guitarra de 7 cordas a finais dos anos 90. Tras o terceiro álbum de Deftones, White Pony, as edicións posteriores serían compostas con 7 cordas; ata os álbums de 2010 Diamond Eyes e de 2012 Koi No Yokan, compostos cunha guitarra de 8 cordas.