Stella Mwangi
| Stella Mwangi | |
|---|---|
Stella Mwangi no Melodi Grand Prix 2011 |
|
| Información | |
| Orixe | Nairobi, |
| Período | |
| Xénero(s) | música pop, soul, rap |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | {{{membros}}} |
| Antigos membros | {{{antigos_membros}}} |
| Web oficial | http://stellamwangi.com/ |
Stella Nyambura Mwangi[1] nada o 1 de setembro de 1986 en Nairobi, Quenia, é unha cantante, compositora e rapeira norueguesa. Tamén é coñecida polo nome artístico "STL".
Mwangi comeza a practicar cantando cando tiña apenas oito anos de idade e ademais de cantar tamén toca o piano. Escribe música que fala da situación no seu país de orixe, Quenia, e da discriminación que tanto ela como a súa familia tiveron que soportar despois de mudarse a Noruega en 1991. Traballou en filmes como American Pie Presents: The Naked Mile e Save the Last Dance 2. Tamén apareceu en series de televisión tales como CSI: NY e Scrubs. Gañou varios premios entre os que se inclúen o Premio Kisima, Clops Premios e distincións Jeermaan. Actualmente é unha das cantantes máis populares en Noruega despois de gañar o Melodi Grand Prix 2011, pero o seu éxito espallouse por Quenia, Senegal e Gambia. Está casada con Mads Rieverfield.
Índice |
Festival de Eurovisión 2011 [editar]
En 2011, Mwangi participou na selección nacional de Noruega para representar ó país no Festival de Eurovisión 2011, que se celebrou en Düsseldorf, Alemaña. O 12 de febreiro de 2011, Mwangi emerxeu como a gañadora.
El 10 de maio, representou a Noruega coa canción "Haba Haba", pero non puido clasificarse para a final de Eurovisión a pesar de ser unha das grandes favoritas do concurso.
Stella liderou a lista oficial de "singles" en Noruega na semana 6 de 2011 coa súa canción gañadora "Haba Haba".
Discografía [editar]
Álbums musicais [editar]
| Ano | Notas |
|---|---|
| 2008 | Living for Music
|
| 2011 | Kinanda
|
Singles [editar]
| Ano | Título | Posicións | Álbum musical |
|---|---|---|---|
| NOR [2] |
|||
| 2007 | "Take It Back" | — | Living for Music |
| 2010 | "Smile" | — | Kinanda |
| 2011 | "Haba Haba" | 1 |