Steinar Schjøtt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSteinar Schjøtt

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de novembro de 1844 Editar o valor em Wikidata
Telemark, Noruega (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xaneiro de 1920 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeNoruega Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlexicógrafo , tradutor , filólogo , lingüista , historiador Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiOle Hersted Schjøtt (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPeter Olrog Schjøtt (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Steinar Schjøtt, nado o 13 de novembro de 1844 en Porsgrunn e finado o 11 de xaneiro de 1920 en Oslo, foi un tradutor, filólogo e lexicólogo noruegués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe e familia[editar | editar a fonte]

Seu pai foi o pastor e político Ole Hersted Schjøtt (1805-1848) e súa nai Anna Jacobine, nada Olrog,[1] e naceu en Porsgrunn onde seu pai era vigairo. Puxéronlle Stener Johannes Stenersen Schjøtt polo profesor de teoloxía Stener Johannes Stenersen. En 1845 a familia trasladouse a Skien. O seu irmán máis vello Peter Olrog foi un político e filólogo. Por matrimonio foi cuñado da escritora Mathilde Schjøtt e tío do xurista Sofie Schjøtt.[2]

Carreira[editar | editar a fonte]

Steinar Schjøtt estudou na Universidade de Oslo en 1862, graduouse en 1870. Partidario do landsmål norueguisou o seu nome de Stener a Steinar. Foi profesor de secundaria en Halden e Skien, é sobre todo coñecido pola tradución do Heimskringla ó landsmål (1874-1879) que foi controvertida por non seguir as prescricións de Aasen, escribiu un libro escolar sobre a historia de Noruega, Norigs soga, til heimbruk og bruk for lærarar (1879) e dous importantes dicionarios Dansk-norsk ordbog (1909) e Norsk ordbok, med ordtyding paa norsk-dansk (1914).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Opptegnelser fra det gamle Porsgrunn Arquivado 10 de xullo de 2001 en Wayback Machine..
  2. "Aschehoug og Gyldendals Store Norske Leksikon". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2007. Consultado o 02 de xaneiro de 2009.