Stechert Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stechert Arena
Stechert Arena Bamberg Außen.JPG
Baviera Stechert-Arena
Datos
Localización Bamberg, Baviera
Outros nomes Forum, JAKO Arena
Construción
Inauguración 2001
Renovación 2006
Estadio
Capacidade 6.900 espectadores
Localía Brose Baskets
Interior do pavillón.

O Stechert Arena, é un pavillón deportivo situado na cidade de Bamberg, Alemaña, no estado de Baviera. Foi comezado a construír en 2000 e inaugurado un ano despois, en 2001. Con capacidade para 6.900 en partidos de baloncesto, alberga os encontros como local do Brose Baskets, equipo que compite na Basketball Bundesliga, máxima competición do baloncesto alemán e eventualmente na Euroliga.

O recinto orixinariamente tiña capacidade para 4.750 persoas mais foi remodelado e reinaugurado en outubro de 2006. Para outros eventos, como concertos, o pavillón pode albergar entre 9.000 e 10.000 espectadores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]