State of Origin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
State Of Origin
Competición State of Origin
Deporte Rugby League
País Australia Australia
Estadios ANZ Stadium (Sydney)
Suncorp Stadium (Brisbane)
Capacidades 83.500 ANZ Stadium
52.500 Suncorp Stadium
Títulos NGS = 14 títulos
QLD = 18 títulos



O State of Origin é unha competición anual de rugby league de Australia, consistente nunha serie de 3 encontros nos que se enfrontan os equipos representativos dos estados de Nova Gales do Sur e Queensland. O torneo naceu en 1980 e representa unha das rivalidades rexionais máis fondas do mundo en calquera disciplina deportiva.

Historia[editar | editar a fonte]

A NRL é unha das dúas ligas profesionais máis tradicionais e antigas en Australia. A liga naceu en Sydney, e mantívose composta só por equipos da cidade durante décadas. Co tempo foise estendendo por outras cidades de Nova Gales do Sur, mentres que en Queensland existía outra liga menos profesionalizada, pero tamén cun gran nivel. Antes da chegada da primeira franquía profesional da NRL a Queensland, no estado xa existía unha gran crenza de que o nivel do rugby league de Queensland podía ser superior ó de Nova Gales do Sur. De feito, moitos xogadores de Queensland tiñan participado na NRL en equipos de Sydney cun grande éxito.

Nova Gales do Sur e Queensland tiñan cadansúa federación independente. Ámbalas dúas chegaron a un acordo para artellar un campionato anual que enfrontase ás selección dos dous estados, unha vez analizado que podería ser de grande interese nos medios e deportivo. Medios de comunicación e xente de negocios achegaron o seu apoio, e a competición saíu adiante. As dúas primeiras edicións levadas a cabo nos anos 1980 e 1981 consistiron nun único encontro. Foi a partir de 1982 cando o State of Origin comezou co seu actual formato, consistente en 3 encontros.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Queensland gañou 8 das 10 primeiras edicións, Nova Gales do Sur fíxose con 10 das seguintes 16, e Queensland acadou 6 títulos seguidos entre 2006 e 2011. Antes da disputa da edición 2012, Queensland ten no seu palmarés 18 triunfos, por 14 de Nova Gales do Sur.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Vídeos[editar | editar a fonte]