Staples Center

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Staples Center
StaplesCenter5.jpg
Flag of the United States.svg Staples Center
Datos
Localización Flag of California.svg Os Ánxeles, California
Construción
Inauguración 17 de outubro de 1999
Arquitecto NBBJ
Custo $375 millóns USD
Estadio
Capacidade Baloncesto: 18.997
Hóckey sobre xeo: 18.118
Propietario L.A. Arena Company
Anschutz Entertainment Group
Localía Los Angeles Clippers (NBA)
Los Angeles Lakers (NBA)
Los Angeles Kings (NHL)
Los Angeles Sparks (WNBA)
Los Angeles D-Fenders (D-League)
Los Angeles Avengers (AFL, até 2008)
Eventos


O Staples Center é un pavillón multiusos situado na cidade dos Ánxeles, en California (Estados Unidos). É un dos máis modernos e luxosos do mundo, situado no 1111 S de Figueroa Street. Financiouse por completo de maneira privada, tendo un custo final de 375 millóns de dólares. O seu nome débese a un dos seus patrocinadores, Staples Inc., unha cadea de establecementos con máis de 2.000 tendas en todo o mundo, a cal paga unha importante suma de diñeiro para dar nome ao pavillón.

Historia[editar | editar a fonte]

Inaugurouse o 17 de outubro de 1999 e moi pronto obtivo o recoñecemento de todo o mundo, gañando en dúas ocasións o premio ao mellor Pavillón do Ano. Alberga máis de 250 eventos, tanto deportivos como de calquera índole, ademais de facer as funcións de centro comercial e de lecer ofrecendo servizos de toda clase. O Staples Center recibe máis de 4 millóns de visitas ao longo do ano.

Aforamento[editar | editar a fonte]

O Staples Center pode albergar 20.000 espectadores para concertos, 18.997 para o baloncesto, e 18.118 para o hóckey sobre xeo e o fútbol americano indoor. As dúas terceiras partes dos asentos sitúanse no nivel inferior. Ademais, conta con 160 palcos de luxo e 15 suites para eventos.

Equipos[editar | editar a fonte]

O pavillón é compartido polos seguintes equipos profesionais:

Funeral de Michael Jackson[editar | editar a fonte]

O 7 de xullo de 2009 realizouse no Staples Center o funeral de Michael Jackson, quen había falecido doce días antes na súa residencia desa cidade. Durante o concorrido evento, para o cal se sortearon 17.500 billetes de balde entre as persoas previamente rexistradas no sitio web do recinto, participaron diversos familiares e amigos do cantante, compartindo vivencias e interpretando algunhas das súas cancións máis populares. O cadaleito pechado de Jackson estivo presente entre o escenario e o público as dúas horas que durou a cerimonia, a cal foi transmitida en directo e de xeito gratuíto por Internet e tódalas canles de televisión que desexasen subscribirse.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxese tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Staples Center