Stans
Stans é unha comuna suíza, capital do cantón de Nidwalden, localizada no centro do cantón. Limita ao norte con Stansstad, ao leste con Ennetbürgen, Buochs e Oberdorf, ao sur con Dallenwil, e ao oeste con Ennetmoos.
A localidade de Niederdorf tamén fai parte do territorio comunal.
Índice |
Historia[editar]
Stans foi mencionado por porimera vez en 1172. En 1798 foi atacado polas tropas francesas, logo de que Nidwalden non aceptase a nova constitución esixida por Napoleón. Foi nesta cidade onde Pestalozzi creou a súa primeira escola para huérfanos. A celebración da asemblea municipal (Landsgemeinde) foi celebrado ata 1997, data na cal foi abolida.
Industria[editar]
Ten unha poboación de 7300 persoas, das cales o 12% é de nacionalidade estranxeira (2002). Hai 650 negocios locais que empregan a 6900 persoas. O 2% destes están no sector agrícola, o 37% en industria e comercio, e o 61% en servizos.
Stans é a sé do fabricantes de avións Pilatus Aircraft.
Paisaxes[editar]
As vistas principais de Stans son: a montaña e centro turístico de Stanserhorn (1900m), a praza principal (Dorfplatz), e a parroquia St. Pedro e Pablo (construída entre 1641 e 1647) a cal ten unha torre estilo romanesco, o monasterio St. Clara, monumento do heroe local Winkelried, o seu lugar do nacemento (Winkelriedhaus), un monasterio de Capuchinos, unha casa de almacenaje de sal, e un vello callejón (Schmiedgasse).
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Sitio oficial (en francés)