Stanisław Gądecki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaStanisław Gądecki

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Strzelno, Polonia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Roman Catholic Archbishop of Poznań (en) Traducir
28 de marzo de 2002 –
← Juliusz Paetz (en) Traducir
Titular Bishop of Rubicon (en) Traducir
1 de febreiro de 1992 –
Diocese: Rubicon
Bispo auxiliar
1 de febreiro de 1992 –
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo polaco Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificio Instituto Bíblico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1992–), sacerdote católico (1973–), Sacerdote católico de rito romano (1973–), biblista (pt) Traducir , teólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Adam Mickiewicz em Poznań (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónJózef Glemp Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Stanisław Gądecki, nado o 19 de decembro de 1949 en Strzelno (Cuiavia-Pomerania, Polonia) é un eclesiástico católico latino polaco, arcebispo de Poznań dende 2002 e presidente da Conferencia Episcopal Polaca dende 2014.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Stanisław Gądecki naceu o 19 de decembro de 1949 en Strzelno, unha vila hoxe parte do voivodato de Cuiavia-Pomerania (Polonia).

Entre 1967 e 1973 estudou Filosofía e Teoloxía no Seminario Maior Primacial de Gniezno. O 9 de xuño de 1973 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Gniezno polo arcebispo Stefan Wyszynski.

Posteriormente especializouse no campo dos estudos bíblicos, estudando entre 1973 e 1976 e entre 1977 e 1981 no Pontificio Instituto Bíblico, e entre 1976 e 1977 no Studium Biblicum Franciscanum de Xerusalén. Fixo o doutoramento en Teoloxía bíblica na Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino, doutorandose en 1982 coa disertación La liberazione e la salvezza nel secondo libro dei Maccabei.

Episcopado[editar | editar a fonte]

O 1 de febreiro de 1992 Xoán Paulo II nomeouno bispo auxiliar de Gniezno e bispo titular de Rubicon. O 25 de marzo recibiu a ordenación episcopal de mans do arcebispo de Varsovia e Gniezno Józef Glemp, primado de Polonia. Os bispos co-consagrantes foron Bogdan Józef Wojtus, bispo auxiliar de Gniezno, e Gerard Bernacki, bispo auxiliar de Katowice. Escolleu como lema episcopal Opere et veritate.

O 28 de marzo de 2002 foi nomeado arcebispo metropolitano de Poznań logo da renuncia de Juliusz Paetz. O 2 de abril tomou posesión canónica da sé, e recibiu o palio o 29 de xuño.

O 20 de xuño de 1992 foi nomeado vicepresidente da Conferencia Episcopal Polaca, e o 10 de marzo de 1994 presidente para o diálogo co xudaísmo. Entre 1995 e 2008 foi consultor da Pontificia Comisión para as Relacións Relixiosas co Xudaísmo, participando de conferencias, reunións, sesións, simposios dedicados a este tema no seu país e no exterior.

O 8 de maio de 2014 o papa Francisco nomeouno membro da Congregación para a Doutrina da Fe.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La liberazione e la salvezza nel secondo libro dei Maccabei [A liberación e a salvación no segundo libro dos Macabeos]. Pontificia Studiorum Universitas a S. Thoma Aq. in Urbe. 1982. 
  • Wstęp do pism Janowych [Introdución aos escritos de Xoán]. Prymasowskie Wydawnictwo Gaudentinum. 1991. 
  • Wstęp do ksiąg historycznych [Introdución aos libros históricos]. Prymasowskie Wydawnictwo Gaudentinum. 1992. 
  • Wstęp do ksiąg prorockich Starego Testamentu [Introdución aos libros dos profetas do Antigo Testamento]. Prymasowskie Wydawnictwo Gaudentinum. 1993. 
  • Archeologia biblijna [Arqueoloxía bíblica]. Prymasowskie Wydawnictwo Gaudentinum. 1994. 
  • Tradycja a Pismo Święte [Tradicion e Sagrada Escritura]. Prymasowskie Wydawnictwo Gaudentinum. 1995. 
  • Wstęp do Ewangelii synoptycznych [Introdución aos Evanxeos sinópticos]. Prymasowskie Wydawnictwo Gaudentinum. 1995. 
  • Kościół katolicki o swoich korzeniach [A Igrexa Católica sobre as súas raíces]. Polska Rada Chrześcijan i Żydów. 1995. 
  • Słowo jednania: homilie i refleksje biblijne [Palabra de reconciliación: homilías e reflexións bíblicas]. Prymasowskie Wydawnictwo Gaudentinum. 2001. 
  • Kto spotyka Jezusa, spotyka judaizm: dialog chrzesćijańsko-żydowski w Polsce [Quen atopa a Xesús, atopa o xudaísmo: diálogo cristián-xudeu en Polonia]. Prymasowskie Wydawnictwo Gaudentinum. 2002. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Juliusz Paetz
 Arcebispo metropolitano de Poznań 
2002 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)