Stadion Narodowy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stadion Narodowy
Stadion Narodowy w Warszawie 20120422.jpg
Polonia Estadio Nacional
EstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svg
Datos
Localización Varsovia, Polonia
Construción
Inauguración Aínda sen inaugurar
Arquitecto Gerkan, Marg und Partner
Custo 500 millóns de euros
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105 x 68 m
Capacidade 58.145
Propietario Dep. do Tesouro de Polonia
Localía Selección de fútbol de Polonia
Eventos

O Stadion Narodowy (do polaco: Estadio Nacional) é un campo de fútbol situado na cidade de Varsovia, capital de Polonia. Está construído onde, até 2008, se atopaba o Estadio 10º Aniversario (en polaco: Stadion Dziesięciolecia).

Descrición[editar | editar a fonte]

O estadio ten capacidade para albergar 58.145 espectadores, menos que o desaparecido Stadion Dziesięciolecia cun aforamento do 71.008. A súa construción comezou en 2008 e terminou oficialmente o 29 de novembro de 2011. A estadio conta cun singular teito retráctil de PVC, que se desprega a dende a beira superior até unha agulla suspendida sobre o centro do campo. O estadio será o escenario onde se xogará o partido inaugural da Eurocopa 2012 (un partido da fase de grupos grupo), outros dous partidos da mesma fase, un de cuartos de final , e unha das semifinais. O Estadio Nacional non será novo estadio dos equipos de fútbol locais, o Legia Warszawa e o Polonia Warszawa, aínda que é posible que si o utilicen en caso de encontros de grande importancia.

Xunto co estadio, a planificación inclúe a construción dun pavillón polideportivo cuberto con capacidade para 20.000 espectadores, unha piscina de tamaño olímpico para 4.000 espectadores, un parque acuático, un hotel, un centro de conferencias, así como catering e outros servizos. A construción será seguida por unha completa renovación da Estación de Tren de Varsovia próxima, e a apertura dunha estación de metro e un segmento da segunda liña do Metro de Varsovia que conecta a zona co centro da cidade. Os terreos son propiedade do goberno nacional, polo que o investimento será financiado por el en lugar da cidade de Varsovia.

Traballos de construción[editar | editar a fonte]

Os traballos de construción comezaron en 2008.[1] A primeira fase da construción consistiu en demoler as vellas bancadas do antigo Estadio do 10º Aniversario. Durante a cerimonia de inauguración celebrada, o 7 de outubro de 2009, colocouse unha pedra angular (primeira pedra) e unha cápsula do tempo. A cápsula contén as bandeiras de Polonia, da Unión Europea e da cidade de Varsovia, xornais do día, moedas, billetes, e outros artefactos.

O 1 de decembro de 2009 atopábanse traballando dous obreiros nunha plataforma que estaba a ser erguida por un guindastre á unha altura de 18 metros cando a suspensión rompeu, causando a caída da plataforma morrendo un dos obreiros ao instante e o outro unhas horas máis tarde no hospital. Outro accidente fatal ocorreu o 9 de maio de 2011 cando un traballador caeu dende o teito. As autoridades están a investigar as circunstancias deste accidente

En 2009, as obras de construción prevíanse rematar para mediados de 2011. Con todo, déronse a coñecer fallos na construción a finais de maio de 2011, o que resultou no establecemento dunha nova data de remate das obras para o 29 de novembro de 2011. Ese mesmo día o estadio estaba xa finalizado, aínda que aínda non tivo a súa inauguración oficial.

Eurocopa 2012[editar | editar a fonte]

Partidos[editar | editar a fonte]

O Stadion Narodowy alberga durante o campionato cinco encontros: tres encontros da fase de grupos, un de cuartos de final, e unha semifinal. Os partidos son os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
8 de xuño Primeira rolda Polonia Polonia
1 - 1
Grecia Grecia
56.070
12 de xuño Primeira rolda Polonia Polonia
1 - 1
Flag of Russia.svg Rusia
55.920
16 de xuño Primeira rolda Grecia Grecia
1 - 0
Flag of Russia.svg Rusia
55.614
21 de xuño Cuartos de final República Checa República Checa
0 - 1
Flag of Portugal.svg Portugal
55.590
28 de xuño Semifinal Alemaña Alemaña
-
D1/C2

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]