Stadio Flaminio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stadio Flaminio
P3100307.JPG
Flag of Italy.svg Stadio Flaminio
Datos
Localización Roma, Italia
Construción
Inauguración 1959
Arquitecto Pierluigi e Antonio Nervi
Estadio
Superficie Céspede natural
Capacidade 32.000
Propietario Comitato Olimpico Nazionale Italiano (CONI)
Localía Selección de rugby de Italia
Capitolina
A.S. Cisco Calcio Roma
Lazio Marines
Eventos

O Stadio Flaminio é un centro deportivo situado na cidade de Roma. Sitúase na Vía Flaminia (calzada romana que levaba de Roma a Ariminium), a tres quilómetros do centro da cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

O estadio actual data de xullo de 1957, ano de inicio da súa construción, aínda que xa anteriormente existía un primeiro estadio chamado tamén Stadio Flaminio, construído en 1927 en honra ao Partito Nazionale Fascista, edificado á súa vez no lugar onde había unha construción de 1911, o Stadio Nazionale, que conmemoraba o 50 aniversario do Risorgimento, que ademais fora construído sobre outro antigo estadio, o Stadio Torino, que se caracterizaba por un estilo arquitectónico clásico e moi sobrio.

O deseño do actual estadio débese aos arquitectos Pierluigi e Antonio Nervi, construído pola sociedade Nervi e Bartoli baixo a dirección do enxeñeiro Bruno Magrelli. A súa inauguración oficial se levou a cabo o 12 de marzo de 1959.

Práctica deportiva[editar | editar a fonte]

O estadio Fliminio é o estadio principal da selección italiana de rugby. Porén, acotío o principal usuario do recinto é o fútbol, sendo o estadio onde xoga o A.S. Cisco Roma da Serie C2 da Lega Calcio (a Liga Italiana de fútbol). Tamén é a sede do equipo de fútbol americano Lazio Marines.

Cunha capacidade de 24.973 espectadores (8.000 cubertos) é o máis pequeno dos estadios do Torneo das Seis Nacións, debido a iso estase reconsiderando o traslado dos partidos da selección Italiana de rugby a Xénova[1].

Durante o campionato italiano de fútbol 1989/90 os equipos da Roma e o Lazio xogaron como locais neste campo debido aos traballos de remodelación do Stadio Olímpico con vistas ao Mundial de Fútbol de 1990, organizado por Italia.

Ademais alberga unha piscina cuberta (25 x 10 metros) e diferentes salas para práctica da esgrima, a loita, a halterofilia, o boxeo e a ximnasia.

Notas[editar | editar a fonte]