St Andrew's Stadium
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Birmingham, Inglaterra |
| Inauguración | 26 de decembro de 1906 |
| Superficie | Céspede natural |
| Capacidade | 30.079 |
| Dimensións | 100 x 66 m. |
| Propietario | Birmingham City F.C. |
| Localía | Birmingham City F.C. |
| Eventos | |
| Ningún | |
St Andrew's é un estadio de fútbol do barrio de Bordesley de Birmingham, Inglaterra. É o fogar do Birmingham City F.C. desde a súa apertura en 1906 e conta con capacidade para 30.079 espectadores.
Índice |
Historia [editar]
O estadio foi inaugurado en 1906, e contaba cun aforamento de 75.000 espectadores, constando dunha tribuna cuberta e o resto de bancadas ao descuberto. O maior rexistro de asistencia situouse entre os 66.844 e 67.341 espectadores, nun partido da FA Cup de 1939 que terminou en empate contra o Everton. Durante a Segunda Guerra Mundial, a tribuna queimouse e o terreo de xogo quedou gravemente danado. A nova tribuna construíuse na década de 1950, e unha pequena bancada nun dos fondos, pero houbo poucos cambios até a década de 1990. Trala adquisición do club en 1993, tódalas localidades foron remodeladas e convertéronse en localidades de asento para dar cumprimento ao Informe Taylor para a seguridade dos recintos deportivos, reducíndose a capacidade a pouco máis de 30.000.
Partidos [editar]
St Andrew's acolleu partidos internacionais da selección de fútbol de Inglaterra nas categorías inferiores á selección absoluta, así como partidos da semifinal da FA Cup e finais de competicións menores. Celebráronse tamén outros acontecementos deportivos, incluídos o rugby e o boxeo profesional, e, máis recentemente, escenario de concertos de música. O estadio ten salas axeitadas para os negocios ou eventos sociais e unha tenda de merchandising oficial do Birmingham City.