Springfield (marca)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Springfield
TipoSociedade anónima
Fundación1988
MatrizGrupo Cortefiel
LocalizaciónMadrid, España
IndustriaModa
ProdutosTéxtil
Na rede
https://myspringfield.com
Facebook: Springfield Instagram: springfieldmw Pinterest: springfieldmw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Springfield ou abreviado, SPF é unha cadea de tendas de moda española pertencente ao grupo Cortefiel fundada en 1988. Hai 187 tendas actualmente en España, que contrastan coas 270 do seu principal rival, Zara pertencente ao grupo Inditex. A súa publicidade insiste en que a idea básica da cadea é lograr a mellor relación calidade-prezo sen deixar de lado o estilo e o deseño.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que a orixe da cadea é España, hai 356 tendas repartidas en Portugal, Francia, Bélxica, Luxemburgo, Alemaña, Austria, Hungría e Polonia. Así mesmo, operan a través de franquías en países como Eslovenia, Ucraína, Rusia, Malta, México, Canadá, Chile, Serbia, Grecia, Xordania, Filipinas, Israel, Líbano, Singapur ou China.

A cadea ofrece desde hai algúns anos en España un cartón de fidelización que permite acumular puntos para obter descontos e certas supostas vantaxes.

A identidade visual corporativa da cadea está baseada en liñas simples e cores brillantes. Sen ir máis lonxe, o logotipo utilizado é o nome da cadea cunha tipografía simple de gran espazado. Nas tendas repítese o concepto, predominando as cores pastel e a madeira para o chan. En canto ao mobiliario dos locais, este adoita estar xeralmente cheo de cromados e cristais, copiando o estilo da gran maioría de tendas de roupa actuais.

Roupa[editar | editar a fonte]

Aínda que a cadea é principalmente de téxtil, en realidade as tendas inclúen numerosos artigos que non entran nesa categoría; é o caso do calzado ou os artigos de perfumería (colonias, desodorizantes etc). A roupa da cadea foi sempre para home ata 2006, cando decidiron aproveitar a cadea Sprinfield para competir coas tendas do seu competidor Inditex (Zara, Bershka e Stradivarius) no terreo da moda feminina. A este sector da cadea denominóuselle desde entón Springfield Woman, en español, Springfield Mujer. Pese ao entusiasmo inicial, a roupa masculina segue predominando nos escaparates de Springfield.

O público ao que está destinado o vestiario de Springfield é dun estilo urbano, cosmopolita, natural e desenfadado. O estilo da roupa e dos complementos suxiren unha vida igualmente activa e deportiva.

Fábricas[editar | editar a fonte]

A roupa de Springfield fabricase principalmente en países coma Bangladesh.​[1] As súas seccións de calzado e bolsos de pel fabrícase en Portugal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "¿Y tu ropa, está limpia?". nonada (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]