Spirits in the Sky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Spirits in the Sky
OrixeEstados Unidos,
Período2009
Xénero(s)rock alternativo, rock psicodélico
MembrosKerry Brown
Mike Byrne
Billy Corgan
Kevin Dippold
Dave Navarro
Ysanne Spevack
Linda Strawberry
Mark Tulin
Mark Weitz

Spirits in the Sky é un supergrupo temporal dirixido por Billy Corgan, líder de The Smashing Pumpkins. A banda reuniuse inicialmente en xuño do 2009 para realizar un concerto en memoria do falecido Sky Saxon de The Seeds. O grupo tocou tres cancións, unha versión de The Seeds, unha versión de "Spirit in the Sky", e un novo tema de The Smashing Pumpkins chamado "Freak". A formación nese concerto estaba composta por Corgan (guitarra), Kerry Brown (batería/percusión), Mike Byrne (batería), Kevin Dippold (guitarra/voces), Mark Tulin (baixo) e Mark Weitz (teclados).

No mes de agosto a banda saíu de xita, desta vez egadindo á violinista Ysanne Spevack, á vocalista Linda Strawberry e ao guitarrista de Jane's Addiction Dave Navarro. Dippold pasou a tocar principalmente a frauta. O grupo realizou seic concertos en California, tocando cancións que Corgan compuxera para o novo álbum de The Smashing Pumpkins, Teargarden by Kaleidyscope, ademais de versións de The Seeds, Pink Floyd, The Velvet Underground, Jethro Tull, Quicksilver Messenger Service e outrs artistas.

En setembro comezou o traballo de Teargarden by Kaleidyscope en Chicago, uníndose Corgan a Brown, Byrne, Dippold, Spevack e Tulin. Tres dos catro temas do primeiro EP de Teargarden by Kaleidyscope, "Widow Wake My Mind", "A Stitch in Time" e "Astral Planes" estreáronse en concertos de Spirits in the Sky.