Species
| Species | |
|---|---|
| Título orixinal | Species |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Roger Donaldson |
| Produtor | Frank Mancuso, Jr. |
| Guión | Dennis Feldman |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Ben Kingsley Michael Madsen Alfred Molina Forest Whitaker Marg Helgenberger Natasha Henstridge |
| Música | Christopher Young |
| Fotografía | Andrzej Bartkowiak |
| Montaxe | Conrad Buff |
| Estudio | |
| Distribuidor | Metro-Goldwyn-Mayer |
| Ano | 1995 |
| Duración | 108 minutos |
| País | |
| Xénero | Ficción científica |
| Orzamento | $30.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Species é un filme estadounidense dirixido por Roger Donaldson que foi estreado en 1995. O filme tivo unha secuela no ano 1998, Species II, na que Henstridge, Madsen e Helgenberger retomaron os seus papeis. A este filme seguiuno outro no 2004, Species III e no 2007 Species: The Awakening, que é un filme separado do resto da serie, cuxa historia non continúa a das anteriores.
Índice |
Argumento [editar]
Cando unha fermosa rapaza resultante do cruce dun ser humano e dun alieníxena (Natasha Henstridge) foxe dun laboratorio de observación, o científico Xavier Fich (Ben Kingsley) envía na súa busca a un asasino profesional (Michael Madsen), a un psiquiatra, a unha bióloga e a un antropólogo para dar con ela. Mentres seguen a súa pista pola cidade de Os Ánxeles, o equipo descobre cal é o seu plan; aparearse con homes para producir crías que podan destruír á raza humana. Mentres o seu mortal reloxo biolóxico avanza con rapidez, Fitch e o seu equipo lánzanse a unha inquietante persecución da que depende o destino da humanidade.
Personaxes [editar]
- Ben Kingsley como Xavier Fitch
- Michael Madsen como Preston "Press" Lennox
- Alfred Molina como Dr. Stephen Arden
- Forest Whitaker como Dan Smithson
- Natasha Henstridge como Sil
- Marg Helgenberger como Doutora Laura Baker
- Michelle Williams como Xove Sil
- Whip Hubley como John Carey
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 1995: Festival de Cine Fantástico de Sitges: Mellores efectos especiais.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)