Spacehog
| Spacehog | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Leeds, Inglaterra |
| Período | 1994 – 2002 2008 – actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, glam rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Elektra, Sire, Artemis |
| Membros | Royston Langdon Antony Langdon Jonny Cragg Richard Steel |
| Antigos membros | |
| Web oficial | |
Spacehog é unha banda inglesa de rock alternativo formada no ano 1994 en Leeds. Está fortemente influenciada por David Bowie, Queen e T.Rex.
Índice |
Historia [editar]
A pesar de que todos os seus membros son orixinarios de Leeds, a banda formouse en New York en 1994 cando Antony Langdon atopouse con Cragg por casualidade nun café onde Cragg tiña un traballo matando ratas. Pouco despois o irmán de Langdon, Royston, uníuse á banda e naceu Spacehog. Cando o guitarrista orixinal deixou o grupo, Jonny Cragg chamou ao seu amigo Richard Steel para unirse a eles. Ese ano asinaron un contrato con Seymour Stein para o selo Sire Records.
O 24 de outubro de 1995 Spacehog editou o seu álbum de estrea, Resident Alien. Vendeo ao redor das 500.000 copias e contiña o hit "In the Meantime", ademais do sinxelo "Cruel To Be Kind". "In the Meantime" tivo aescoitouse con frecuencia nas radios, e o seu video tamén foi emitido intensamente pola televisión. O seu segundo traballo, The Chinese Album, apareceu o 10 de marzo de 1998. A pesar de non ter tan boas vendas como Resident Alien, a popularidade do grupo continuou medrando e a banda tocou como teloneira de Pearl Jam e Supergrass. The Chinese Album tiña un son máis "artístico", cun piano ao estilo Pink Floyd no primeiro tema e coa colaboración de Michael Stipe de R.E.M. na canción "Almond Kisses".
Despois de que a banda saíse de Elektra Records, Spacehog asinou con Artemis Records e lanzou o seu terceiro álbum, The Hogyssey, o 10 de abril do 2001. O disco continuaba a liña neo-glam da banda e contaba cos sinxelos "I Want to Live" e "At Least I Got Laid", ademais da versió funk da peza de Richard Strauss "Also sprach Zarathustra". O grupo uníuse a The Black Crowes e Oasis na xira Tour of Brotherly Love.
Arckid [editar]
Antony, Royston e Christian Langdon uníronse para formar Arckid. En xuño do 2006 gravaron oito cancións con Bryce Goggin nos Trout Studios en Brooklyn. Jonny Cragg uníuse a The Twenty-Twos como batería, pero posteriormente tocou cos irmáns Langdon e Arckid.
A finais de novembro do 2006 Antony Langdon deixou Arckid amistosamente e ideou un alter ego coñecido como "Louis Arogant". Este proxecto estivo a piques de rematar cunha gravación titulada Victoria, pero o álbum nunca foi editado.
Antony Langdon foi brevemente substituído polo guitarrista de Your Vegas Mat Steel, que deixou Arckid despois de que gravasen o seu primeiro video para voltar ao seu antigo grupo. Pete Denton uníuse a eles durante un tempo e Richard Steel acompañounos no escenario nunha serie de concertos.
Reunión [editar]
En xullo do 2008 Spacehog reuníuse para realizar dous concertos e coa intención de traballar nunha nova gravación.
Discografía [editar]
- Resident Alien - 1995 (Sire)
- The Chinese Album - 1998 (Sire)
- The Hogyssey - 2001 (Artemis)