Space Invaders

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autobús con imaxes das naves do videoxogo.

Space Invaders é un videoxogo de arcade deseñado por Toshihiro Nishikado e lanzado ao mercado en 1978. Nun principio foi fabricado e vendido por Taito Co. en Xapón, para posteriormente ser licenciado para produción e distribución en Estados Unidos por Midway, división de Bally Technologies.

Características[editar | editar a fonte]

Space Invaders é un dos primeiros xogos shoot 'em up. É un dos videoxogos máis importantes da historia. O seu obxectivo é eliminar ondas de alieníxenas cun canón láser e obter a maior cantidade de puntos posíbel. Para o deseño do xogo, Nishikado inspirouse en Breakout e Star Wars.

Aínda que é un xogo simple para os estándares actuais, foi un dos precursores dos videoxogos modernos e axudou a expandir a industria do sector, dende unha mera novidade a unha industria global. Foi exitoso e popular desde o seu lanzamento, tanto que chegou a unha breve escaseza de moedas de cen iens en Xapón. Ao ano 2007, Taito gañou US$500 millóns en utilidades.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Space Invaders Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]