Soviet Supremo da Unión Soviética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Soviet Supremo da URSS")
Edificio sede do Soviet Supremo da Unión Soviética no Kremlin, foto tirada en 1982

O Soviet Supremo da Unión Soviética (en ruso Верховный Совет СССР, Verkhóvnyj Sovét SSSR) foi o soviet supremo e como tal o corpo lexislativo superior da Unión Soviética entre 1938 e 1989 e o único con capacidade para establecer emendas constitucionais. Entre 1989 e 1991 o Congreso dos Deputados do Pobo da Unión Soviética designou os seus membros. Elixía o Presídium, formaba o Consello de Ministros, o Tribunal Supremo, e designaba o Procurador Xeral da Unión Soviética.

Índice

Estrutura [editar]

O Soviet Supremo compúñase de dúas cámaras, cada unha con iguais poderes lexislativos, e nas dúas os seus membros elixíanse por un período de catro anos[1].

O número total de membros variou entre os 1556 de 1974 e os 542 de 1989. O Presídium levaba os asuntos do día a día do Soviet Supremo cando non estaba en sesión.

Presidente do Presídium do Soviet Supremo da Unión Soviética (1938–1989) [editar]

Presidente do Soviet Supremo da Unión Soviética (1989–1991) [editar]

Notas [editar]

  1. Grande Enciclopedia Soviética, 3ª edición, entrada "Верховный Совет СССР" [1]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]