Sotigui Kouyaté

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sotigui Kouyaté
Nacemento 19 de xullo de 1936
Bamaco, Mali Malí
Falecemento 17 de abril de 2010 (73 anos)
París, Flag of France.svg Francia
Nacionalidade Burkina Faso Burkina Faso
Profesión Actor
Ficha na IMDb

Sotigui Kouyaté, nado en Bamaco o 19 de xullo de 1936 e finado en París o 17 de abril de 2010[1] foi un dos primeiros actores de Burkina Faso.[2] Era o pai do director de cine Dani Kouyaté e era membro do grupo étnico mandinga.

Biografía[editar | editar a fonte]

Sotigui Kouyaté naceu en Malí, sendo os seus pais de Guinea, pero era burkinense de adopción.[3] Cando era neno, desfrutaba dos espectáculos koteba.[3] Chegou a xogar na selección de fútbol de Burkina Faso.[3] Kouyaté comezou a súa carreira teatral en 1966, nunha obra histórica producida polo seu amigo Boubacar Dicko.[3] Ese mesmo ano, fundou unha compañía de teatro con 25 persoas e axiña escribiu a súa primeira obra, The Crocodile’s Lament.[3]

Filmografía selecta[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

No 2009, Kouyaté gañou o Oso de Prata do Festival de Cine de Berlín pola súa actuación no filme de Rachid Bouchareb London River.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]