Sorteo Extraordinario do Neno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sorteo do Neno»)

O Sorteo Extraordinario do Neno (en castelán: Sorteo Extraordinario del Niño), tamén coñecido como Sorteo ou Lotaría do Neno, é un dos sorteos de lotaría máis populares que se celebra en España. Lévase a cabo cada 6 de xaneiro, coincidindo coa festividade dos Reis Magos, e ten lugar, xeralmente, no salón de sorteos de Loterías y Apuestas del Estado, en Madrid. O primeiro premio recibe o nome de "O Gordo" (aínda que de forma menos popular que no Sorteo de Nadal) e ten un valor de 2 millóns de euros ao billete (200.000 euros por décimo). O período de venda deste sorteo esténdese dende comezos de novembro ata o día previo ao sorteo. É tradición cambiar os décimos premiados co reintegro da Lotaría de Nadal por novos décimos para "o Neno".

O primeiro premio en Galicia[editar | editar a fonte]

Ano Número Vendido en
2016 22.654 Ribas de Sil, Quiroga, Pontecesures e A Coruña[1]
2014 76.254 Monforte de Lemos (íntegro)[2]
2007 92.034 Ferrol[3]
1987 04.675 Ourense e Mondoñedo
1986 37.220 Vigo
1976 72.246 Vilagarcía de Arousa (íntegro)
1955 45.551 Lugo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, ed. (6 de xaneiro de 2016). "O primeiro premio da Lotaría do Neno, o 22654, vendido na Coruña, Lugo e Pontevedra". Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  2. La Voz de Galicia, ed. (6 de xaneiro de 2014). "O premio gordo da Lotaría do Neno cae íntegro en Monforte". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2014. Consultado o 22 de decembro de 2014. 
  3. "O Neno deixa en Ferrol o maior premio da historia da cidade". 7 de xaneiro de 2007. Consultado o 26 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]