Sopa boba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coñécese como sopa boba o conxunto de guisos mesturados, que restaban dos alimentos dos comensales dunha pousada, bar, convento ou algún lugar de repouso; noutras palabras, eran os restos do menú diario que se lles daba aos chamados sopistas, a cambio dalgunha peza musical, verso ou trova.[1]Desta forma de vida provén a expresión vivir á sopa boba, que se di a aquel que vive sen esforzo ou a expensas doutro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benjamín Hernández Blázquez, (2007), A viaxe dos garavanzos,Madrid, pp:67 (en castelán)