Sonia Castedo
| Sonia Castedo Ramos | |
Sonia Castedo (esquerda) con Francisco Camps. |
|
|
|
|
|---|---|
| Actualmente no cargo | |
| Dende o 11 de setembro de 2008 | |
| Precedido por | Luis Díaz Alperi |
|
Datos persoais
|
|
| Nacemento | 23 de decembro de 1970 (42 anos) Ribadeo, Lugo, Galiza |
| Partido | Partido Popular (PP) |
| Alma mater | Universidade de Alacant |
Sonia Castedo Ramos, nada en Ribadeo en 1971, é unha política galega, e actual alcaldesa de Alacant polo Partido Popular.
O 17 de setembro de 2008, tras a súa elección como alcaldesa polo pleno municipal do Concello de Alacant converteuse na primeira muller en ocupar a alcaldía desa cidade.
Índice |
Biografía[editar]
Desde meniña reside en Alacant, onde cursou todos os seus estudos. É licenciada en Socioloxía pola Universidade de Alacant. En 1991 foi Beleza da Fogueira do barrio alacantino Princesa Mercedes.
A súa traxectoria laboral centrouse na Administración Pública Local da cidade desde 1995 cando entrou a formar parte do gabinete de prensa do Concello de Alacant como soporte técnico do mesmo. Desde entón estivo no consistorio ocupando distintos cargos políticos.
Traxectoria política[editar]
- 1993 Afiliación a Novas Xeracións do Partido Popular.
- 1999 Concelleira Delegada de Turismo e Praias
- 2003 Concelleira Delegada de Urbanismo.
- 2004 Primeira Tenente de Alcalde (até 2007).
- 2007 Repite como Concelleira de Urbanismo (até 2010).
- En 2008, o alcalde Luis Díaz Alperi presentou a súa dimisión, propoñendo a Sonia Castedo como sucesora no cargo. O 17 de setembro de 2008 tras a súa elección como alcaldesa polo Pleno Municipal do Concelllo[1] converteuse na primeira muller en ocupar a alcaldía de Alacant.
Polémicas e investigacións da fiscalía[editar]
Foi denunciada polo grupo socialista do Concello de Alacant ante a Fiscalía Anticorrupción por tráfico de influencias, prevaricación, estafa e fraude debido unha actuación urbanística no barrio de Benalúa.[2][3][4][5] En abril de 2009, algunhas das denuncias foron arquivadas de maneira definitiva polo fiscal anticorrupción, Felipe Briones;[6] outras foron arquivadas de forma provisional, en espera da decisión sobre todo o caso que tomará o Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana.[7]
En outubro de 2010 a Fiscalía Anticorrupción acusou a Sonia Castedo de estar implicada na trama de corrupción do Caso Brugal na tramitación do novo Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) de Alacant, xunto co seu antecesor, o popular Luis Díaz Alperi, e que lideraría o Presidente do Hércules C.F. e construtor Enrique Ortiz Selfa. O fiscal imputoulle delitos de suborno, tráfico de influencias e revelación de información privilexiada, sinalando que foi retribuída con agasallos. Sonia Castedo sinalou que "Ortiz non conseguiu nada do que pediu", admitindo un dos regalos: unha viaxe en iate ás Illas Baleares.[8]
Segundo o revelado pola investigación policial, na recta final da redacción do PXOU de Alacant, entre maio de 2008 e xuño de 2010, as conversacións entre Enrique Ortiz e Sonia Castedo foron case diarias, o que para a policía demostra "a colaboración dos responsables de Urbanismo co empresario".[9]
O 22 de maio de 2011, Sonia Castedo logrou o mellor resultado na historia de Alacant para o Partido Popular, pasando de 15 a 18 concelleiros (sumou 15.000 votos máis). Este resultado mostra que a pesar de que o caso Brugal puido ter afectado a súa imaxe, non lle pasou ningunha factura nas urnas.[9]
Con todo, en outubro de 2012 foi imputada polo TSX de Valencia polo amaño do Plan de Ordenación Urbana da cidade de Alacant.[10]
Notas[editar]
- ↑ Agencia EFE, Sonia Castedo toma posesión como Alcaldesa de Alicante
- ↑ El PSOE presentará hoy la denuncia contra Sonia Castedo en la Fiscalía, La Verdad, 6 de agosto de 2008.
- ↑ La Fiscalía abre diligencias por la denuncia del PSOE sobre el plan Benalúa Sur, La Verdad, 19 de agosto de 2008.
- ↑ La Fiscalía abre a Castedo diligencias de investigación penal por Benalúa Sur, Diario Información, 18 de outubro de 2008.
- ↑ Sonia Castedo tilda de «casualidad» que «surja el tema de Mercalicante», Diario Información, 20 de novembro de 2008.
- ↑ Briones Archiva Denuncia contra Castedo Plan Benaulua Sur. La Verdad, 9 de abril de 2009.
- ↑ Comunidad Valenciana Anticorrupción archiva denuncia Benalua Sur, El País, 9 de marzo de 2009.
- ↑ El fiscal implica en el 'caso Brugal' a un ex presidente y un directivo de la CAM, y a dos cargos de Bancaja, El País, 26 de outubro de 2010.
- ↑ 9,0 9,1 Reportaje: Caso Brugal - "Tú mandas" El Pais, 12 de xuño de 2011
- ↑ El TSJ de Valencia imputa a los dos alcaldes del PP de Alicante www.cadenaser.com
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Entrevista con Sonia Castedo no Diario Información o 14 de xaneiro de 2009.
| Predecesor: Luis Díaz Alperi |
Alcaldesa de Alacant 2008– |
Sucesor: No cargo |