Sonda interestelar
Unha sonda interestelar é unha sonda espacial que pola súa traxectoria se dirixe fóra do Sistema Solar[1]. O primeiro estudo de deseño para crear unha sonda interestelar propiamente dita foi o Proxecto Dedalus que realizaron entre 1973 e 1978 científicos británicos da British Interplanetary Society dirixidos por Alan Bond[2]. As sondas interestelares actuais creáronse co propósito de explorar o noso propio Sistema Solar, mais despois de completar a súa misión pola súa traxectoria diríxense fóra del, a primeira foi a Pioneer 10 e calcúlase en 80.000 anos o que tardaría, se perdurase, en chegar á estrela máis próxima[3]. As distancias que ten que percorrer non se miden en quilómetros, senón en unidades astronómicas (UAs). A equivalencia aproximada é 1 UA = 150 millóns de km.
Índice |
Sondas interestelares que máis se alonxaron da Terra [editar]
| Distancia á Terra | Obxecto | Lanzamento | Velocidade | En funcionamento? | |
|---|---|---|---|---|---|
| 120,071 UA | Voyager 1 | 5 de setembro de 1977 (Cabo Cañaveral, Florida) | 17,1 km/s | Si | |
| 104,937 UA | Pioneer 10 | 3 de marzo de 1972 (Cabo Cañaveral, Florida) | 12,1 km/s | Non | |
| 98,166 UA | Voyager 2 | 20 de agosto de 1977 (Cabo Cañaveral, Florida) | 15,5 km/s | Si | |
| 84,769 UA | Pioneer 11 | 6 de abril de 1973 (Cabo Cañaveral, Florida) | 11,5 km/s | Non | |
| 22,079 UA | New Horizons | 19 de xaneiro de 2006 (Cabo Cañaveral, Florida) | 17,3 km/s | Si |
Galería [editar]
-
Fotografía de Saturno tomada pola Pioneer 11 o 26 de agosto de 1978 na que pode apreciarse ademais o satélite Rea
-
A Terra vista dende a Voyager 1 o 14 de febreiro de 1990, esta fotografía coñécese co nome de Punto azul pálido
-
Neptuno visto pola Voyager 2 en agosto de 1989
-
Xúpiter visto pola Pioneer 10
-
Posición da New Horizons o 14 de marzo de 2007, alonxándose xa de Xúpiter
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Spacecraft escapando do Sistema Solar en heavens-above.com