Sonata Arctica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sonata Artica
Sonata Arctica en xullo de 2016.
OrixeKemi, Finlandia
Período1996 - actualidade
Xénero(s)Power Metal
Selo(s) discográfico(s)Spinefarm Records
Nuclear Blast
MembrosTony Kakko
Elías Vijanen
Pasi Kauppinen
Tommy Portimo
Henrik Klingenberg
Antigos membrosMikko Harkin
Janne Kivilahti
Pentti Peura
Jani Liimatainen
Marko Paasikoski
Na rede
http://www.sonataarctica.info/
IMDB: nm5940224 Facebook: sonataarctica Twitter: SonataKemi Instagram: sonataarcticaofficial MySpace: sonataarctica Youtube: UC56F8c8khYkaA42xQhoS_gw Spotify: 5YeoQ1L71cXDMpSpqxOjfH iTunes: 29048370 Last fm: Sonata+Arctica Musicbrainz: 319b1175-ced9-438f-986b-9239c3edd92d Songkick: 419723 Discogs: 252168 Allmusic: mn0000039353 Deezer: 532 Genius: Sonata-arctica Editar o valor em Wikidata

Sonata Arctica é unha banda de Power Metal finlandesa, da cidade de Kemi, formada en 1996 baixo o nome Tricky Beans, que despois trocou a Tricky Means, e finalmente a Sonata Arctica, en 1999.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A banda fundouse baixo o nome de Tricky Beans e nos seus comezos tocaban cancións fortemente influenciadas polo xénero do rock and roll, que non tiñan moito que ver co seu actual estilo, o power metal. Ó comezo da súa carreira, gravaron 3 demos, que nunca se enviaron a selo discográfico ningún - Friend 'till The End, Agre Pamppers e PeaceMaker.

En 1997 o nome da banda trocou a Tricky Means, e dende aquela ata 1999 o seu estilo foi cambiando e finalmente tivo un drástico troco, adquirindo forte énfase nas melodías de teclado e confiando nunha liña claramente distinguíbel do baixo e da guitarra. O vocalista Tony Kakko desenvolveu un estilo propio para cantar, o cal básase no falsete e nas voces de tenor.

En 1999, a banda entrou ós estudios para gravar unha demo titulada Fullmoon, que compoñera Tony Kakko, o guitarrista Jani Liimatainen, o baixista Janne Kivilahti e o batería Tommy Portimo. A demo foi enviada ó selo Spinefarm e a banda trocou o seu nome a Sonata Arctica. Un contrato de gravación chegou pouco despois.

Máis tarde, nese ano, lanzouse en Finlandia o primeiro sinxelo do grupo, titulado UnOpened, que marcou un grande impacto, entrando nos 20 máis vendidos na súa primeira semana á venda. Deseguido a banda pechou varios contratos con selos darredor do mundo, con vistas ó lanzamento do seu primeiro álbum. Ó disco chamóuselle Ecliptica, lanzado a finais de 1999 en todo o mundo, obtendo boas críticas por parte da prensa especializada. Tony Kakko decidiu entón concentrarse no canto e comezou a procurar un novo teclista para a banda: Mikko Harkin (antes en Kenziner) foi, eventualmente, invitado a encher aquel posto.

A comezos do 2000, Sonata Arctica foi elixida a banda para ser abreconcertos dos xa consagrados Stratovarius a través da súa xira por Europa. Janne Kivilahti marchou da banda e foi substituído por Marko Paasikoski, un dos fundadores de Tricky Beans. Dende finais do 2000 ata o 2001, a banda traballou na composición e gravación do seu seguinte disco, Silence, que foi lanzado en xuño de 2001. Unha extensa xira seguiuno, realizando unha serie de concertos a través de toda Europa (xunto con Gamma Ray) e o Xapón. No 2002 Sonata Arctica fixo a súa primeira incursión en América, realizando shows no Brasil e Chile. De acordo con algúns dos músicos da banda, esa foi unha das súas mellores xiras ata o momento - sendo a outra a xira no Xapón no 2003-. Un álbum en vivo titulado Songs Of Silence foi tamén lanzado ese mesmo ano.

A finais do 2002, o teclista Mikko Harkin deixou a banda debido a razóns persoais. Así, o seu terceiro álbum - Winterheart's Guild - gravouse coa axuda do afamado Jens Johansson, teclista de Stratovarius, quen gravou as pistas de teclado con Tony Kakko. O teclista Henrik Klingenberg uniuse á banda, e neste tempo tomaron parte dunha xira para promocionar o seu novo álbum. Na maioría dos concertos as entradas esgotáronse.

Co fin do seu contrato co selo Spinefarm, a banda recibiu invitacións da maioría dos selos discográficos de Europa, e eventualmente elixiron Nuclear Blast. A comezos do 2004, a banda foi elixida como abreconcertos para a xira no Xapón de Iron Maiden. En marzo dese mesmo ano, Tommy Portimo converteuse en pai; a súa esposa tivo unha nena. Reckoning Night foi gravado en tres meses e lanzado en outubro. Ambos, o single e o EP deste lanzamento, permanecieron no Top dos máis escoitados en Finlandia durante 6 semanas. Unha xira promocional veu a continuación, porén Sonata Arctica recibiu unha invitación da popular banda Nightwish, para que se lles uniran na súa xira a través de Europa, polo cal fixeron un troco de planes. Os concertos nos que participaron tiveron unha audiencia de ata dez mil persoas.

Membros[editar | editar a fonte]

Sonata Arctica en 2011.

Membros actuais[editar | editar a fonte]

Antigos membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Ecliptica 1999 Spinefarm Records
Silence 2001 Spinefarm Records
Winterheart's Guild 2003 Spinefarm Records
Reckoning Night 2004 Nuclear Blast
Unia 2007 Nuclear Blast
The Days of Grays 2009 Nuclear Blast
Stones Grow Her Name 2012 Nuclear Blast
Pariah's Child 2014 Nuclear Blast
The Ninth Hour 2016 Nuclear Blast
Talviyö 2019 Nuclear Blast
Clear Cold Beyond 2024 Atomic Fire

Álbums ao vivo[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Songs of Silence - Live in Tokyo 2002 Spinefarm Records
For the Sake of Revenge 2006 Nuclear Blast
Live in Finland 2011 Nuclear Blast

Miniálbums[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

DVD[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]