Son Goku (Dragon Ball)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Son Goku (孫 悟空 Son Gokū?, tamén chamado Goku) é un personaxe de ficción e o principal protagonista da franquía Dragon Ball creada por Akira Toriyama. Está baseado en Sun Wukong, o personaxe central de Viaxe é Oeste, mais Toriyama cambiou moitas das súas características para que fose máis orixinal. Goku é introducido como un estraño neno con rabo de mono que practica artes marciais e posúe unha forza sobre-humana.[1] Aínda que inicialmente pensábase que era terráqueo, despois revélase que Goku é parte dunha raza guerreira extraterrestre coñecida como os Guerreiros do espazo.[2] O seu de Guerreiro do espazo, Kakarotto ou Kakarot (カカロット?), provén da deformación do inglés Carrot (キャロット Kyarotto?, cenoria).

Dragon Ball segue a Goku mentres adestra en varias artes marciais e procura por todo o planeta as Bólas do Dragón mítico. A través das súas aventuras atopa moitos outros personaxes que comparten obxectivos semellantes, como Bulma que viaxa con el para atopalas Bólas do Dragón. Cando Goku medra, el xa é un dos máis fortes guerreiros da Terra e a protexe de malvados que queren danar o seu planeta natal de adopción. Goku é descrito como despreocupado e inocente, pero é rápido ó aprender novas técnicas na loita. Como outros personaxes da serie, Goku ten a habilidade de concentrar o seu chi para empregar varios ataques de enerxía, sendo o máis destacado a súa Onda Vital, un ataque que lanza unha onda de enerxía azul das súas mans.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Toriyama, Akira (September 15, 1985). "1 ブルマと孫悟空" (en Japanese). 孫悟空と仲間たち. Dragon Ball. 1. Shueisha. ISBN 1-56931-920-0. 
  2. Toriyama, Akira (May 15, 1989). "197 孫悟空の過去!!" (en Japanese). かつてない恐怖. Dragon Ball. 17. Shueisha. ISBN 1-56931-930-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]