Son Gohanda (avó)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Son Gohan (avó)»)

Son Gohanda (孫 悟飯?) é un personaxe da serie anime e do manga Dragon Ball. É o avó adoptivo de Son Goku, e na súa xuventude foi o alumno número un do Mestre Mutenroi xunto a Gyūmaō. Son Goku, na súa honra, púxolle de nome ó seu primeiro fillo Son Gohanda.

Son Gohanda vese como un vello con bigote branco, viste unha camisa de estilo chinés de cor laranxa con círculos amarelos e mangas negras, ademais leva un chapeu de cor verde cunha esfera branca na punta. Cando volve á Terra grazas a Uranai Baba, emprega unha máscara de kitsune branca para non ser recoñecido.

Encontrou a Son Goku nunha cápsula espacial cando este chegou á Terra. Tratou de coidalo e educalo, pero ó comezo Goku era malvado, aínda así non abandonou, ata o día en que Goku caeu e golpeou a cachola. Dende ese intre cambioulle a actitude agresiva, e Son Gohanda converteuse no seu avó. Unha noite, e tras saír a lúa chea, Goku transformouse en Ōzaru, un xigantesco simio, e Son Gohanda morre. Na saga de Uranai Baba, Goku debe enfrontarse a el para que ela lle revele a localización da última das Bólas do Dragón. Ó final do anime Dragon Ball aparece cando Goku e Chichi van ó Hakkero para salvar o castelo de Gyūmaō. Son Gohanda axudaba a protexer ese recinto sagrado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]