Somersby, Lincolnshire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Granxa típica en Somerby.

Somersby é unha pequena vila e unha parroquia en Lincolnshire Wolds, no condado de Lincolnshire, Inglaterra, a dez quilómetros ao noroeste de Spilsby e a once quilómetros ao leste-nordeste de Horncastle. A parroquia abrangue preto 2,42 km² de superficie.

Igrexa[editar | editar a fonte]

Igrexa de Santa Margarida.

A igrexa parroquial anglicana está adicada á honra de Santa Margarida de Inglaterra. É un edificio de arenita antiga, construída moito tempo antes do ano 1612, e esta igrexa foi restaurada entre os anos 1863 e 1865. Ten capacidade para preto de 80 persoas. O poeta Alfred Tennyson foi bautizado en Santa Margarida.

A pedra usada para arranxar a igrexa[1] procede da canteira Somersby Quarry (pechada na actualidade), que é do tipo Spilsby Gres. Esta pedra ten tacto suave e torna unha cor verde-caqui cando é exposta á intemperie.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. St Margaret Somersby PCC (ed.). "St Margaret's, Somersby". The birthplace of Tennyson. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 13 de outubro de 2013. 
  2. British Geological Survey (ed.). "Spilsby Sandstone". Lexicon of Named Rock Units.