Solidaridad (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Solidaridad
LocalidadeVigo
editar datos en Wikidata ]

Solidaridad foi un periódico editado en Vigo entre 1899 e 1936.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 1 de marzo de 1899 como órgano do comité socialista de Vigo.[1][2] Decenario, comezou aparecendo o 1, 10 e 20 de cada mes, baixo a dirección de Benito Teijo, e en 1901 converteuse en semanario, encargándose da dirección Enrique Heraclio Botana ata xullo de 1936, cando foi definitivamente suspendido. Entre os seus redactores figurou Narciso Goy e publicou colaboracións de José Hervés Hermo e debuxos de Tabarra. Sufriu multas e suspensións gobernativas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Miño, 28-2-1899, p. 2.
  2. La Idea Moderna, 3-3-1899, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]