Soledad Castro Soliño

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Soledad Castro Soliño, atleta, naceu o 25 de maio de 1965. Afeccionada aos deportes, comezou xogando no equipo de fútbol feminino do Tameiga e iniciouse no atletismo aos 19 anos, no Real Club Celta de Atletismo. En 1993 ficha polo Comesaña Sporting Club. No seu palmarés conta con numerosas medallas en campionatos a nivel galego e español en campo a través, 10000 m., 3000 m. e media maratón. Nas competicións internacionais salientan: en 2002 Campiona de Europa veterana de 5000 m. e 10000 m. en Potsdam (Alemaña); en 2003 Campiona do Mundo veterana de 10000 m e Subcampiona do Mundo veterana de Campo a Través e 5000 m. en Carolina (Porto Rico); en 2004 Subcampiona de Europa de 5000 m. e 10000 m. en Århus-Randers (Dinamarca); en 2005 Campiona de Europa W35 de Media Maratón, 2ª xeral en Monte Gordo (Portugal). Colabora nas páxinas de cultura do xornal A Peneira, cunha sección titulada Historias do tranvía onde asina como M. Soledad Castro.


[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais