Socorro García Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSocorro García Conde

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
A Pontenova, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Socorro García Conde, nada en 1968 na Pontenova, é unha política galega ligada ao BNG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É veciña das Moas de Arriba, na parroquia de Figueiras e ten dous fillos. Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela ata a súa entrada no goberno municipal desenvolveu o seu labor profesional no propio Concello de Santiago onde é técnica de normalización lingüística.

Participou na fundación da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística e na comisión técnica do Arquivo de Planificación Lingüística do Consello da Cultura Galega. Entre outros traballos e coautora do volume A normalización língüística a debate (Edicións Xerais, 2002).

Política[editar | editar a fonte]

Militante do BNG desde 1989 actualmente fai parte do Consello Local de Compostela, do cal foi responsábel desde 2004 até principios do 2007. Tamén ten sido membro das direccións Nacional e Comarcal da CIG-Administración e do Consello Confederal da CIG.

No Concello de Santiago ten exercido como representante sindical pola CIG chegando a presidir o Comité de Empresa.

Entrou por primeira vez na corporación municipal de Santiago en maio de 2007 sendo Concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación até maio de 2008. Desde ese ano é a Tenente de Alcalde de Compostela e Concelleira de Cultura e dos Centros Socioculturais. Tamén exerce como portavoz do Goberno de Santiago e Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello.


Predecesor:
Néstor Rego
 
Tenente de alcalde de Santiago
 
2008 - 2011
Sucesor:
'

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]