Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Traiñeira de Castro Urdiales.

A Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales é un club de remo da localidade cántabra de Castro Urdiales. Dende a súa creación disputou regatas en tódalas categorías e modalidades de banco fixo, en bateis, traiñeiriñas e traiñeiras.

Historia[editar | editar a fonte]

Aló polo ano 1847, chegou a Castro Urdiales a primeira traiñeira, patroneada por un tal Anduiza, e contra o que nun principio se podería supor, non tivo que ver directamente coa actividade pesqueira, senón coa vixilancia e persecución dos contrabandistas ao longo da costa da vila.

Aínda non constituída como sociedade de remo, o seu primeiro triunfo foi ao impoñerse a outras traiñeiras de Cantabria e Biscaia na regata celebrada en Santander o 23 de xuño de 1861, en presenza da raíña Isabel II, que estaba de visita na cidade.

Fundado en 1879 é o club de remo máis antigo do Cantábrico. Foi fundado tras unha forte galerna que houbo o 20 de abril de 1878, tristemente coñecida pola Galerna do Sábado de Gloria, e que José María de Pereda recolleu na súa novela Sotileza. Neste suceso 322 pescadores morreron afogados no Cantábrico (132 cántabros e 190 vascos). Como axuda ás súas familias organizouse unha regata contra traiñeiras biscaíñas que rematarían impoñéndose. Para evitar futuras derrotas creouse a Sociedade de Remo.

A partir de 1930 é cando a traiñeira de Castro consegue uns tempos meritorios como para a chamar "a invencíbel", patroneada por Dionisio Iriberri "Pelucu". Dende 1974 a traiñeira da SDR Castro Urdiales leva o nome de "La Marinera". A finais do 2009 converteuse na traiñeira que máis bandeiras gañou na historia da Liga ACT, ese mesmo ano gañou a liga, converténdose no segundo equipo cántabro en gañala.

Palmarés[editar | editar a fonte]

La Marinera adestrando no porto.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]