Sobre a amizade
Sobre a amizade (Laelius de Amicitia) foi escrito por Marco Tulio Cicerón. O tema principal que trata é a amizade.
Índice |
Contido [editar]
Clasificación das persoas [editar]
As boas son as persoas que expresan os sentimentos de corazón e non son avariciosa a nivel materialista ou posición social, persoas humildes.
As malas son persoas que antepoñen os seus desexos e avaricia ante calquera persoa ou circunstancia.
Clasificación respecto da amizade [editar]
Respecto da amizade, fai outra clasificación: a verdadeira e perfecta, fronte á vulgar e mediocre:
- A verdadeira e perfecta é unha amizade na que o amigo atópase para calquera tipo de circunstancia, tanto alegre como desgraciada. Amizade na que non se sitúa o suposto amigo en situacións comprometedoras e só hai sentimentos de amor e cariño.
- A vulgar e mediocre é unha relación amigábel de conveniencia, para conseguir bens materiais ou status sociais. Amizade na que as persoas son egoístas e buscan o propio beneficio sen importar as consecuencias para a outra persoa.
Opinións sobre a existencia da amizade [editar]
Pensase que é algo natural, que pertence os instintos de supervivencia e que todas as persoas teñen a tendencia a relacionarse co resto de mundo, sexa con finalidade de interese ou por cariño.
Pensase tamén que é simplemente unha especie de “pacto” para a través de estas relacións conseguir metas ou desexos.
A amizade entre dúas persoas que dure ata os últimos días de existencia ten gran dificultade, polo feito de que os intereses, formas de pensar e actuar das persoas cambian co tempo.
Conclusión [editar]
Quere transmitir e explicar que para Lelio (protagonista que da a súa valoración da amizade) a amizade é tratar aos demais como che gustaría ser tratado e cando mires a un amigo, míraste a ti mesmo, porque para el, iso é amizade.