Snowdonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°54′N 3°51′W / 52.900°N 3.850°W / 52.900; -3.850

Vista do lago Llyn Llydaw dende Crib Goch.
Mapa de Snowdonia (en verde).

Snowdonia (en galés: Eryri) é unha rexión do norte de Gales e un parque nacional cunha área de 2,130 km². Foi o primeiro dos tres parques nacionais de Gales, declarado en 1951.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome inglés da zona deriva de Snowdon, que é máis alta montaña de Gales, con 1.085 m. En galés, a área é chamada Eryri. Existe a teoría de que o nome deriva de eryr ("aguia"), mais tamén pode significar simplemente Terras altas, como sostén o estudoso galés Sir Ifor Williams.[1] Na Idade Media, o título Príncipe de Gales e Señor de Snowdonia (Tywysog Cymru ac Arglwydd Eryri) foi usado por Llywelyn ap Gruffudd; o seu avó Llywelyn Fawr empregou o título de Príncipe do norte de Gales e Señor de Snowdonia.

Tipo de propiedade Porcentaxe (%)
Privada 69,9
Comisión Forestal 15,8
Fondo Nacional 8,9
Natureza Inglesa/CCW 1,7
Autoridade do Parque Nacional 1,2
Empresas de auga 0,9
Outros 1,6

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ifor Williams, Enwau Lleoedd (Liverpool, 1945), p. 18. Compare the late professor's article in Bulletin of the Board of Celtic Studies, vol. iv, pp. 137–41. The plural of Welsh eryr (eagle) is eryrod or eryron, with no example of a form eryri being attested. A second word eryr, plural eryri, means "shingles" in modern Welsh; in the old Welsh place name this suggests uneven or upraised ground, a land of hills; "the uplands" or "highlands"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Snowdonia

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]