Small Soldiers
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Small Soldiers | |
|---|---|
| Título orixinal | Small Soldiers |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Joe Dante |
| Produtor | Michael Finnell Colin Wilson |
| Guión | Gavin Scott Adam Rifkin |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Gregory Smith Kirsten Dunst Frank Langella Tommy Lee Jones Phil Hartman Denis Leary |
| Música | Jerry Goldsmith |
| Fotografía | Jamie Anderson |
| Montaxe | |
| Estudio | Amblin Entertainment |
| Distribuidor | DreamWorks (USA) Universal Studios (Internacional) |
| Ano | 1998 |
| Duración | 110 minutos |
| País | |
| Xénero | Fantástico, Acción |
| Orzamento | $40.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Small Soldiers é un filme dirixido por Joe Dante que foi estreado en 1998.
Índice |
Argumento[editar]
O Commando Elite está formado por unha patrulla de bonecos militares agresivos que cobran vida e escapan das caixas de xoguete para acabar cos gorgonitas, uns bonecos de aspecto estraño pero absolutamente pacíficos que só soñan con atopar a illa de Gorgon. O adolescente Alan Abernathy verase envolto nesta contenda e tomará posicións a favor dos Gorgonitas, o que levará que el e toda a súa familia se convertan no novo obxectivo do Comando Elite, capaces de crear o caos en toda a cidade.
Personaxes[editar]
- Gregory Smith como Alan Abernathy
- Kirsten Dunst como Christy Fimple
- Frank Langella como a voz de Archer, o xefe dos Gorgonites.
- Tommy Lee Jones como a voz de Chip Hazard, o xefe do Commando Elite.
- Phil Hartman como Phil Fimple
- Denis Leary como Gil Mars
- Bruce Dern, George Kennedy, Ernest Borgnine, Jim Brown e Clint Walker fixeron as voces do resto do Commando Elite.
- Jim Cummings, Michael McKean, Harry Shearer e Christopher Guest fixeron as voces dos Gorgonites.
- Sarah Michelle Gellar e Christina Ricci fixeron as voces das Gwendy dolls.
Galardóns e nomeamentos[editar]
- 1998: Festival de Cine Fantástico de Sitges: Mellores efectos especiais.
Notas[editar]
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)