Slip jig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partitura do slip jig "Drops of brandy".

O termo slip jig refírese tanto a un estilo de música irlandesa como a un tipo de baile irlandés. Ten compás de 9/8.

Xunto co reel, a giga e o hornpipe, o slip jig é un dos estilos máis comúns no stepdance irlandés e báilase con zapatos brandos. No pasado só podía ser bailado por homes, mentres que durante algunhas décadas só o podían bailar mulleres. Hoxe en día, o slip jig pode ser bailado polos dous sexos, aínda que a nivel de competición é case exclusivamente bailado por mulleres.

Por mor do seu tempo, o slip jig é máis longo que o reel para o mesmo número de compases. Nas competicións de stepdance irlandés, o tempo de 113 pulsos por minuto é o mesmo que noutras danzas, pero cada compás é máis longo. No canto de bailar 48 compases, o bailarín só ten que bailar 40.