Skyranger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skyranger.
Skyranger.

O Skyranger é un ultralixeiro de deseño francés, de dous asentos, lado a lado. Trátase dun monoplano convencional de ala alta con tren triciclo e construción tubular recuberto de tela.

O Skyranger tamén se fabrica baixo licenza por Aero Bravo en Brasil, SkyRanger Aircraft nos Estados Unidos (como un kit) e Aeros en Ucraína.

Atópanse en voo uns 900 en todo o mundo.

Variantes[editar | editar a fonte]

  • Skyranger: Modelo orixinal, introducido en 1990.
  • Skyranger Vfun: Novo nome do modelo orixinal, pola Fédération Aéronautique Internationale, clase microlixeiros.
  • Skyranger Vmax: Modelo mellorado por United Kingdom BCAR.
  • Skyranger Swift: Modelo mellorado baseado no Vmax, para o mercado de Estados Unidos de aeronaves lixeiras deportivas, cunha envergadura reducida.

Especificacións[editar | editar a fonte]

Datos procedentes de Jane's All The World's Aircraft 2003–2004.

Características xerais

  • Tripulación: un piloto
  • Capacidade: un pasaxeiro
  • Lonxitude: 5,50 m
  • Envergadura: 9,50 m
  • Altura: 2,00 m
  • Área da ala: 14,10 m²
  • Peso en baleiro: 250 kg
  • Peso máximo de despegue: 560 kg
  • Motor: 1
  • Rotax 912UL flat-four, 60 kW (80 hp)

Rendemento

  • Velocidade de nunca exceder: 195 km/h
  • Velocidade de cruceiro: 150 km/h
  • Velocidade de perda: 64 km/h (flaps abaixo)
  • Ratio de ascenso: 4,6 m/s

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]