Skorpios - Σκορπιός

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skorpios - Σκορπιός
Σκορπιός
Tilevoides de.png
Localización da illa
Skorpios map.png
Mapa de Skorpios
Situación
País Grecia
Arquipélago Illas Xónicas
Mar Mar Mediterráneo
Coordenadas 38°41′34″N 20°44′24″E / 38.69278°N 20.74000°E / 38.69278; 20.74000
Xeografía
Superficie 0´8 km²
Punto máis alto 81 m.
Demografía
Poboación 2 (2001)
Lingua propia Grego

Skorpios (grego:Σκορπιός) é unha illa privada no mar Xónico, preto da costa occidental de Grecia, apenas ao leste da illa de Leucas. Segundo o censo de 2001 tiña unha poboación de dous habitantes. Administrativamente pertence á municipalidade de Meganisi na prefectura de Leucas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa está cuberta de bosques de sur a norte e conta con máis de 200 variedades de árbores importadas á illa, unha vez case estéril, por Aristóteles Onassis. Hai algunhas praias areosas, especialmente East Beach, que foi creada por Onassis, que trouxo area da illa de Salamina para este fin. Tamén hai unha pequena praia de area onde está a casa de Myconos, anteriormente coñecida como a "Casa do porco". Alí era onde Jackie Onassis foi fotografado espida por un paparazzi grego.

Historia[editar | editar a fonte]

É principalmente coñecida por ser a illa do último armador grego multimillonario, Aristóteles Onassis. Foi o lugar da súa voda ca ex Primeira Dama dos EE.UU. Jacqueline Kennedy o 20 de outubro de 1968. Á súa morte pasou á súa filla Christina, e logo á súa vez á súa filla Athina Roussel. Onassis, o seu fillo Alexander, e a súa filla Christina están enterrados na illa.

Athina visitou a illa dúas veces despois da morte da súa nai, unha vez cando tiña oito anos e logo o 18 e 19 novembro de 1998 co seu pai Thierry Roussel e o seu asesor de prensa e portavoz Alexis Mantheakis a fin de celebrar un servizo conmemorativo no décimo aniversario da morte da nai de Athina, Christina Onassis. Informes da televisión grega e publicados en todo o mundo din que a illa vendeuse a Giorgio Armani por 150 millóns de euros en setembro de 2010 foron denegados, segundo a axencia ANSAmed.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Skorpios - Σκορπιός

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]