Skol
Skol é unha marca de cervexa de propriedade da empresa dinamarquesa Carlsberg, antigamente comercializada en Galiza, maisque agora se comercializa exclusivamente no mercado brasileiro, onde é líder.
Índice |
Historia[editar]
A cervexa Skol Pilsen foi presentada no mercado o 25 de agosto de 1964 en Europa. O nome correspóndese coa transcrición fónica de skål, palabra danesa que significa "á túa saúde" no contexto dos brindes. A súa historia estivo marcada polos adiantos técnicos e de deseño: en 1971 lanzóu a primeira lata e en 1979 foi a primeira marca en fabricar as latas en aluminio. A marca desapareceu de Europa entre os anos oitenta e noventa.
Chegóu a Brasil no ano 1967 e na actualidade é a cervexa máis vendida naquel país. É un dos maiores patrocinadores de eventos e mantén no mercado cervexas tipo pilsen, caña e cervexa con limón, producidas todas elas pola firma AmBev. Como marca, Skol é a cuarta máis valiosa do Brasil.
Skol en Galiza[editar]
A cervexa Skol mantivo unha planta de fabricación en Galicia, na rúa García Barbón de Vigo que foi pechada nos anos oitenta. Era propiedade da firma española Unión Cervecera.