Siyanta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Siyanta foi unha rexión hitita que recibía o nome dun río. Non se sabe onde estaba situada, pero si que tiña unha cidade sagrada rexida por sacerdotes.

Mashwiluwa de Mira-Kuwaliya sublevouse contra Mursilis II e arrastrar á cidade de Pitasa ou Pitassa. Mursilis II foi a Sallapa e chamou a Mashwiluwa, intentando chegar a un acordo, pero o rebelde negouse a presentarse e fuxiu á terra de Masa (Maša). Mursilis marchou contra Masa e destruíu unha parte dela; enviou novos mensaxeiros a Mashwiluwa insistindo en que comparecese á súa presenza e ameazando á xente de Masa con destruír o país se non o facía. Os habitantes de Masa capturárono e o enviárono ao gran rei. Mashwiluwa foi tratado con clemencia (era tío do rei) e foi instalado como gran sacerdote gobernante dunha cidade sagrada no río Siyanta que non se menciona.

Mursilis recoñeceu que o sobriño e fillo adoptivo do rebelde, Kupanta-Kurunta, non participara na revolta e, por tratado, foi establecido como rei de Mira e Kuwaliya no lugar do deposto Mashwiluwa.