Sixto de Borbón-Parma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sixto de Borbón-Parma.

Sixto de Borbón-Parma, nado en Wartegg o 1 de agosto de 1886 e finado en París o 14 de marzo de 1934, foi o décimo cuarto fillo de Roberto I de Borbón-Parma e o segundo de María Antonia de Portugal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a Primeira Guerra Mundial, deica 1917 actuou como mediador de paz entre Francia e o Imperio Austrohúngaro, onde era emperatriz a súa irmá Zita de Borbón-Parma, muller de Carlos I de Austria. Ditas negociacións non chegaron a bo porto e a guerra continuou ata o ano seguinte.

O 14 de marzo de 1919 casou en París con Hedwige de La Rochefoucauld, filla do Duque Armando de Doudeauville e maila súa esposa, a Princesa Luisa Radziwill. En 1922 tiveron unha filla, a princesa Isabel María Antonieta Luisa Hedwig.