Sixto de Borbón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Sixto Henrique de Borbón, chamado polos seus seguidores Sixto Henrique de Borbón-Parma e Borbón-Busset, nado en Pau o 22 de xullo de 1940, é un aristócrata francés, duque de Aranjuez e príncipe de Parma e Piacenza. É o líder do grupo carlista coñecido como Comuñón Tradicionalista e considérase o rexente[1] do trono de España pola rama carlista

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o segundo fillo do Duque Francisco Xavier de Borbón-Parma e Bragança (máis tarde príncipe rexente e despois pretendente tamén ó trono español e Duque de Parma) e de Madgdalena de Borbón-Busset.

Xa dende pequeno mostrou as súas intencións de acceder ó trono e posicionouse favorable ás causas Carlistas. Cursou os seus estudos en colexios Beneditinos e nos Maristas, así como dereito, linguas modernas e clásicas e finanzas. En 1965 alistouse na Lexión Española baixo o alcume de Enrique de Aranjuez e o 2 de maio dese mesmo ano fixo a xura de bandeira o que o excluía de compromisos políticos (contrariamente do que ocorre hoxe en día, xa que a xura de bandeira amosa tamén fidelidade cara á Constitución española de 1978.

Os seguidores de Sixto de Borbón acusaron ó seu irmán maior, Carlos Hugo de Borbón-Parma, de ter abandonado os ideais que a súa familia sempre apoiara e consideraban que Sixto era o líder do Comuñón Tradicionalista. Namentres que o seu irmán Carlos Hugo abandonara as pretensións carlistas cara ao trono e reconciliárase co Estado Español, Sixto Henrique autonomeouse rexente cando o seu pai, o Duque Xavier de Borbón-Parma, morreu en 1977.

Na primavera de 1976, na romaría de Montejurra, un grupo de seguidores de Sixto de Borbón composto por membros da Comuñón Tradicionalista, a Irmandade de Excombatentes, Unión Nacional Española e Fuerza Nueva, acompañados por pistoleiros ultradereitistas españois, arxentinos, italianos e franceses agrediu ós militantes do Partido Carlista partidarios de Carlos Hugo de Borbón nos chamados Sucesos de Montejurra. O resultado do incidente foi a morte de dúas persoas aínda que non se conseguiu o obxectivo que era o de alterar o apoio maioritario do Partido Carlista a Carlos Hugo quen foi ratificado un ano despois.

Sufriu un grave accidente de automóbil en 2001 e como consecuencia diminuíu a súa actividade pública, porén apoiou a candidatura de Jean-Marie Le Pen, o candidato da Fronte Nacional nas eleccións de 2002 e 2007.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]