Sisto I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sisto I, Papa»)
Sisto I
AlcumeSanto Sisto
Nacementoc. 42
Lugar de nacementoRoma
Falecemento126
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Pedro
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico
Períodoentre os anos 113-126
Coñecido porser o papa n° 7 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Sisto I, chamado logo san Sisto, nado probablemente en Roma e morto talvez na mesma cidade en 126, foi bispo cristián de Roma entre o 113 e o 126[1].

Vida e pontificado[editar | editar a fonte]

Como na maior parte dos primeiros papas, pouco se sabe da súa vida e do seu labor profesional, e os feitos que se lle atribúen son a miúdo dubidosos. Crese que procedía dunha familia da Elvidia (Grecia), e o Liber pontificalis di que sistematizou algúns ritos prohibindo que os obxectos sagrados fosen tocados por persoas que non fosen ministros oficiados. Tamén se lle atribúe o triplo canto do Sanctus na misa, a norma de que os bispos que van a Roma deben regresar ás súas dioceses cunha misiva de comuñón co papa, e unhas epístolas apócrifas sobre a doutrina da Trindade.

Durante o seu pontificado comezan a rexistrarse as primeiras diferenzas entre a Igrexa de Occidente e a Igrexa de Oriente, por cuestións do calendario de celebración da Pascua.

Morte e santidade[editar | editar a fonte]

Como todos os papas que o foron antes da emisión do Edicto de Milán, é considerado santo. Ademais, a Igrexa teno por mártir e venérao o 6 de abril a canda os outros papas santos co mesmo nome Sisto II e Sisto III, se ben non está probado que fose asasinado polas súas crenzas.

Foi soterrado no Vaticano por mandato de Pascual I. As súas reliquias atoparíanse pois neste templo, e mais nas catedrais de Alatri e de Alife, dúas vilas do interior de Italia, ata onde serían levadas na Idade Media.

Parroquias galegas[editar | editar a fonte]

Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de san Sisto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Donald Attwater. A Dictionary of the Popes, The Catholic Book Club, Londres, 1939.