Sistema de clasificación de expresións de dor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O sistema de clasificación de expresións de dor, ou COPE, polas súas siglas en inglés (Classification of painful expressions), é un sistema de avaliación do grao de dor desenvolvido polo equipo da doutora Sheryl Brahnam, da Universidade Estatal de Missouri e baseado nos rostros. É un sistema que ten como obxectivo calibrar a intensidade da dor en bebés, que non poden articular verbalmente as sensacións e transmitir como de forte é e onde se produce a dor.

Así, pois, a partir do limitado repertorio de expresións faciais dos nenos trátase de determinar a intensidade e localización da dor. Analízanse na escala a forza coa que se pechan os ollos, os ángulos da boca ou as engurras da testa. O sistema depende dun algoritmo que procesa unha base de datos con 204 imaxes fotográficas de 26 nenos distintos. Delas, 60 amosan nenos con dor. As imaxes de nenos con dor tomáronse logo de que se lles picase o calcañar cunha agulla, un procedemento de extracción de sangue a neonatos que é coñecido pola súa dolorosidade. As demais fotos tiráronselles cando reproducían xestos que podían semellar dor, pero que non o eran.

Os testes de efectividade demostran que este sistema de clasificación de expresións de dor tgarante un acerto do 90%. O procedemento, con todo, aínda non se desenvolveu con carácter clínico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Web da doutora Sheryl Brahnam


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.