Roger Mortimer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sir Roger Mortimer»)
Infotaula de personaRoger Mortimer
Biografía
Nacemento25 de abril de 1287 Editar o valor em Wikidata
Wigmore Castle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte29 de novembro de 1330 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Enforcamento Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaHerefordshire (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lord Tenente de Irlanda
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloEarl of March (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaMortimer family Editar o valor em Wikidata
CónxuxeJoan de Geneville, 2.ª Baronesa Geneville (pt) Traducir (1301 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosEdmundo Mortimer (pt) Traducir, Geoffrey Mortimer, Lord of Towyth (en) Traducir, Sir Roger Mortimer (en) Traducir, John Mortimer (en) Traducir, Blanche Mortimer (en) Traducir, Maud de Mortimer (en) Traducir, Joan Mortimer (en) Traducir, Agnes Mortimer (pt) Traducir, Beatrice Mortimer (en) Traducir, Margaret Mortimer (pt) Traducir, Catarina Mortimer (pt) Traducir, Elinor ferch Roger Mortimer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisEdmund Mortimer, 2.º Barão Mortimer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Margarita de Fiennes, Baronesa Mortimer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Mortimer-77 Find a Grave: 10326365 Editar o valor em Wikidata
Ilustración dun manuscrito do século XIV mostrando a Roger Mortimer e a raíña Sabela de Inglaterra no primeiro plano.

Sir Roger Mortimer, nado o 25 de abril de 1287 e finado en Londres o 29 de novembro de 1330, foi o oitavo home de Wigmore.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primoxénito de Roger Mortimer e Margarida de Fiennes, lugartenente do rei Eduardo II de Inglaterra e gran xuíz de Irlanda(1231- 1321). Foi encerrado polo rei na Torre de Londres e sería o primeiro prisioneiro que logrou evadirse dela. Refuxiouse en Francia, con Roberto III de Artois, conde de Beuaumont-le-Roger, e namorou á raíña Isabel de Francia,[1] filla de Filipe o Fermoso e muller do rei Eduardo II, cando esta foi a Francia a firmar o tratado de paz co seu irmán, o rei Carlos IV o Fermoso.

Mortimer, apoiado por Isabel, encabezou unha rebelión que destronou a Eduardo II e mandouno asasinar o 21 de setembro de 1327, no castelo de Berkeley, apoiado de novo pola súa amante, a raíña Isabel, Adam Orleton, bispo de hereford e Tesoureiro de Inglaterra e polo Parlamento.

Trala morte de Eduardo II, Mortimer converteuse en rexente ata a maioría de idade do fillo do primeiro coa raíña Isabel, Eduardo III de Inglaterra, herdeiro ao trono. Mortimer foi nomeado Conde de March en 1328, e obrigou a Eduardo a nomealo par do reino. En 1329 mandou decapitar ao irmán de Eduardo II, Edmundo, conde de Kent, e gañou o desprezo de seu fillastro. Foi arrestado por Eduardo III e condenado polo Parlamento; sería aforcado nos Common Gallows, no cadafalso de Tyburn, Londres.

Mortimer casou con Xoana de Longueville, doncela da raíña Isabel. Con esta, se ben nunca casaron, o seu amor foi o máis famoso do século.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Born 1287? died Nov. 29, 1330, Tyburn, near London, Eng. Lover of the English king Edward II's queen, Isabella of France, Encyclopædia Britannica.