Sipidduwa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sipidduwa foi unha rexión con centro en Sipiddu, unha cidade do Imperio Hitita, ao norte de Hattusa. A cidade e a rexión foi saqueada e ocupada polos kaska despois do -1400 baixo o reinado de Arnuwandas I. Un home chamado Pitakkatalli, sen dúbida un xefe kaska, estaba mobilizando tropas na cidade de Sippidu (ou Sappidu) en Sippiduwa ou Sappiduwa, pero o rei Suppiluliumas I derrotouno sobre o -1330.

Segundo Matthews & Glatz[1] estaría situada ao nordeste da cidade de Çankırı cara a Yapraklı, na provincia de Çankırı.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Matthews, Roger; Glatz, Claudia (2009). "The historical geography of north-central Anatolia in the Hittite period: texts and archaeology in concert". Anatolian Studies (59): 51–72.  p, 69