Singnatiformes
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Singnatiformes (Syngnathiformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii). Inclúen os cabaliños de mar.
Índice |
Características [editar]
Son peixes de corpos elongados e estreitos, con cabezas diminutas e tubulares, e con aneis óseos. Viven entre as algas marinas e nadan co corpo en vertical, confundíndose entre as algas.
Clasificación [editar]
ITIS considera estes peixes como unha suborde, Syngnathoidei, dentro da orde Gasterosteiformes. En FishBase considéranse como dúas ordes diferentes.
Divídense en cinco familias:
- Familia Aulostomidae
- Familia Centriscidae
- Familia Fistulariidae
- Familia Solenostomidae
- Familia Syngnathidae